Cursos de remo e piragüismo

Os cursos que realizamos no Clube Náutico Castrelo de Miño son dunha semana de duración (de luns a venres). Impártense polas mañás ou tardes tendo que cubrir un mínimo de 16 horas. Os cursos constan dunha parte teórica e outra practica, co cal dende o primeiro día vostede poderá experimentar as sensacións de deslizarse sobre a auga.

Os cursos de iniciación e perfeccionamento realízanse en embracaciones de escola nas que navegan 1 ou 2 persoas. Durante estes cursos os alumnos estarán acompañados en todo momento polo monitor que os seguirá en neumática para aconsellar e corrixir os erros dos primeiros pasos.

O monitor reliza unha valoración da aprendizaxe durante toda a semana e se o alumno consegue alcanzar os obxectivos operativos ao final do curso entrégaselle un Diploma acreditativo.