Cursos de vela
Os cursos que realizamos no Clube Náutico Castrelo de Miño son dunha semana de duración (de luns a venres). Impártense polas tardes dende as 16:30 ás 20:00 horas o que fai un total de 17 horas aproximadamente durante as cales os cursillistas aprender a navegar coa suficiente seguridade e autonomía como para saír a navegar de forma autónoma.
Os cursos constan dunha parte teórica e outra practica, co cal dende o primeiro día vostede poderá experimentar os praceres da navegación a vela.
Os cursos de iniciación realízanse en Gambas ou en Raqueros nos que navegan unhas 5 ou 6 persoas e o monitor do curso. O último día do curso aos cursillistas dáselles a posibilidade de navegar nun barco distinto para comprobar o que se aprendeu durante o curso.
Os cursos de perfeccionamento realízanse en barcos dobres ou individuais como poden ser, Optimist para os mais mozos (entre 7 e 14 anos), L'equipe e cadete para moz@s de 15 en diante e para os adultos dispoñemos de Vauriens, Snipe e 420. Durante estes cursos os alumnos estarán acompañados en todo momento polo monitor que os seguirá en neumática para aconsellar e corrixir os erros tipicos da navegación.
Seguindo este esquema tamén impártense cursos de modalidades máis especificas como o Wíndsurf e o Catamarán.
O monitor reliza unha valoración da aprendizaxe durante toda a semana e se o alumno consegue alcanzar os obxectivos operativos ao final do curso entrégaselle un Diploma acreditativo.