Navegación de lecer
Navegar no encoro de Castrelo de Miño
A información que a continuación se expón ten carácter puramente informativo
A competencia sobre navegación no encoro de Castrelo de Miño é da CONFEDERACIÓN HIDROGRAFICA MIÑO-SIL. O pasado 29 de Abril de 2010 publicou no Boletín Oficial da Provincia [340 KB]
a resolución pola que se aproba un modelo normalizado de DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA O EXERCICIO DA NAVEGACIÓN E FLOTACIÓN NA CONCA DO MIÑO-SIL a raiz da entrada en vigor da Lei 25/2009, de 22 de Decembro de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre accerso ás actividades de servizos e o seu exercicio. Polo tanto para navegar con calquera tipo de embarcación hai que cubrir e presentar esta declaración responsable no modelo normalizado [375 KB]
sobre a base das seguintes instruccións [520 KB]
. As solicitudes poden presenterse nas oficinas que a CHMS ten na C/Progreso n.º 6 ou na C/ Curros Enriquez n.º 4, 2º de Ourense. A declaración responsable ten validez ata o fin do ano en curso e hai que pagar un canon anual pola utilización do dominio público hidráulico que foi actualizado recentemente e publicado no BOE do 27 de Maio de 2010 [237 KB]
.
No Anexo II das instruccións [520 KB]
aparecen as restricións e normas de navegación en cada un dos encoros da conca. Unha das máis destacables é a prohibición con carácter xeral dos motores de 2 tempos.
E Ademais...
Se a finalidade da navegación é a pesca deportiva hai que ter en conta a normativa anual de pesca en augas continentais de Galicia da Consellería de Medio Rural. Esta normativa en 2016 marca que:
1. A pesca a flote no encoro de Castrelo de Miño está autorizada pero sen motor asi que soamente se pode pescar dende embarcacións de remo ou vela.
2. A persoa que pesque debe estar en posesión da licencia administrativa de pesca (clases A, A1, B, B1, C ou C1 dependendo do caso) con recargo de pesca a flote ou licencia interautonómica.
3. A embarcación debe ter unha licencia administrativa a maiores (clase E), que se obtén presentando a declaración responsable da CHMS na delegación provincial de Medio Ambiente e pagando a tasa correspondente.
4. Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por persoa, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación aínda que o número de persoas embarcadas sexa maior.
Esto podese consultar na Web da Pesca Fluvial en Galicia.
Máis información acerca da CONFEDERACIÓN HIDROGRAFICA MIÑO-SIL en:
www.chminosil.es
OURENSE - OFICINA TERRITORIAL DE OURENSE E PONTEVEDRA DE COMISARÍA DE AUGAS.
OFICINA TERRITORIAL DE SERVIZOS TÉCNICOS DE DIRECCIÓN TÉCNICA
Progreso, 6 ou Curros Enríquez 4, 2
32071 OURENSE
Tel. Comisaría de Augas: 988399424
Correo Electrónico: comisaria.aguas@chminosil.es
Tel. Dirección Técnica: 988366181
Correo Electrónico: dt.ourense@chminosil.es
Fax: 988366175