O Noso Club
PRESENTACIÓN
Hola e benvido ao noso sitio web. Alegrámonos de contar coa súa presenza.
Aquí encontrará toda a información que necesite sobre o Club Náutico Castrelo de Miño: cursos, eventos, servizos, horarios, etc.
CLUB NAUTICO CASTRELO DE MIÑO
Avda. do Concello n.º 2, Cortiñas.
32430 - CASTRELO DE MIÑO. OURENSE
CIF: G-32158461
Tel: 988 493 114 - 676 484 150
Fax: 988 493 114
Correo electrónico: info@clubnauticocastrelo.es
Inscrito no Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia, n.º C-2902
Descripción
O Clube Náutico Castrelo de Miño está situado no sueste da bisbarra do Ribeiro, a 15 minutos de Ourense e 45 de Vigo, e é o Centro Náutico de referencia do interior de Galicia grazas á súa gran superficie de auga embalsada e as súas amplas e completas instalacións, reunindo as condicións idóneas para a práctica dos deportes náuticos.
O Clube Náutico Castrelo de Miño leva funcionando 30 anos e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e adestramento-competición, de vela, remo e piragüismo. Ofrécense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal, polo que se converte nun lugar perfecto para gozar do deporte e a natureza.
Socios
O nº de socios esta actualmente estabilizado en torno a 200, a súa achega é fundamental para o mantemento do club e por iso é a nosa intención incrementar este n.º. Facerse socio ten múltiples vantaxes xa que se pode gozar de toda a oferta de servizos a uns prezos reducidos.
A cota de entrada é de 60 €; pero logo soamente se pagan 7 €; ao mes con carácter xeral. A cota sobe un pouco si se quere adestrar nas seccións de vela e remo pero segue sendo moi alcanzable, asi que animate e ¡FAITE SOCIO!
Impreso de solicitude actualizado [174 KB]