Vela

Sección de vela

A vela é un deporte interesante tanto para competir, dado que as sensacións que se producen durante unha regata son indescritibles ao tempo que gratificantes, como para practicar por diversión, posto que, pódese practicar en familia e non é necesaria unha gran condición física, xa que se utiliza máis a mente que os músculos. Ademais disto para practicar a vela só se necesita gañas de divertirse e que non lles importe mollarse, iso si, é imprescindible saber nadar posto que na metade do encoro sempre apetece un baño (moi agradable por certo).

No Clube Náutico Castrelo de Miño danse as condicións idóneas para iniciarse neste deporte, dado que no noso encoro os ventos son suaves e a ondada mínima, o que certifica unha navegación segura tanto para os cursillistas que se inician neste deporte, coma para os afeccionados que o practican por libre.

Dende o Clube Náutico Castrelo de Miño animámoslles a que veñan e proben este deporte tan apaixonante xa que non é o vento quen nos controla, senón que somos nós, os navegantes, os que controlamos ao vento.

Un saúdo e bo vento.
Hector Regueiro