Escola de Deportes Náuticos
Descripción
A escola de deportes náuticos leva funcionando dende a fundación do clube e no ano 1994 é amadriñada pola Infanta Dona Cristina, pasando a adquirir a denominación de "Aula de Vela Infanta Cristina". Hoxe en día na escola impártense multitude de cursos de distintas modalidades náuticas sobre todo en verán e durante todo o ano funcionan as escolas de vela e remo. Neste apartado ten información acerca das diferentes actividades formativas que realiza o noso clube.
ESCOLA DEPORTIVA REMO INDOOR PAZO PACO PAZ OURENSE
Dirixida a mozos e mozas entre 8 e 17 anos.
Xoves de 18:00 a 19:00 h.
Sala 3 do Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.
Inscrición no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense. 988 317 900 - 988 317 910.
Custo: 45 € Tempada (ata xuño de 2025).
Data de Inicio: Xoves 3 de Outubro de 2024.
Impartida por un técnico do Club Náutico Castrelo de Miño.
Todos os inscritos terán a posibilidade de asistir aos adestramentos de fin de semana no club, os venres pola tarde e sábados pola maña.
Tarifas 2024
CURSO | SOCIOS INICIACIÓN | SOCIOS PERFEC. | NON SOCIOS INICIACIÓN | NON SOCIOS PERFEC. |
VELA-REMO-PIRAGÜISMO | 60 € | 40 € | 90 € | 70 € |
GRUPOS | ENTRE 15 € E 18 € POR XORNADA | ENTRE 15 € E 18 € POR XORNADA |