Remo
Sección de remo
O remo de banco movil é un deporte de forza-resistencia moi completo a nivel muscular, ao tempo que require de destreza motora para executar o movemento técnico que debe repetirse de forma ciclica palada tras palada para que a embarcación avance de forma continua.
O club puxo en marcha unha escola de remo dirixida a mozos para o adestramento e a competición pero nun futuro desenvolveremos tamén o remo de ocio para todo tipo de persoas, xa que a sección de remo está nun proceso de formación e ano tras ano se vai conseguindo o material necesario para o desenvolvemento das diferentes modalidades de remo.
As condicións que reune Castrelo de Miño para practíca do remo son magníficas, xa que conta con moitos km. de río navegables de augas tranquilas e un campo de regatas oficial "Sistema Albano". Isto complementado coas instalacións do Club fai que dende hai moitos anos sexa escenario de importantes regatas e concentracións de Seleccións nacionais e prestixiosos equipos de remo.
Estamos a traballar para que os nosos equipos de base comecen a obter éxitos e dende aqui animamos a todos os mozos do Ribeiro para que veñan á nosa escola a practicar un deporte seguro, completo e nun medio natural precioso.
Gabriel Fernández
Vogal Delegado de Remo